DATAS E HORARIO DE APERTURA

 

  • Apertura do 1 de xullo ao 31 de Agosto.

  • Horario: todos os días de 16:00 a 21:00 horas.

 

MEDIDAS ESPECIAIS COVID-19

 

  • Reforzarase a limpeza e desinfección constante de toda a instalación.

  • Limitación do aforo a 50 persoas día, establecendo un sistema previo de reserva mediante compra de entradas e bonos online.

  • Delimitación das zona de toallas.

  • Control e identificación no acceso a piscina.

  • Non se prestará ningún tipo de material (material de flotación)

  • Eliminación das mesas da zona de cafetería (si haberá cafetería)

 

 

TARIFAS

 

Entradas sen abono

  • Persoas empadroadas en Vedra con antigüidade mínima de un ano

    • menores de 6 anos: ENTRADA GRATUÍTA

    • de 7 a 17 anos: 1 €

    • maiores de 18 anos: 2 €

    • maiores de 65 anos: 1 €

  • Persoas non empadroadas en Vedra

    • menores de 6 anos: 1 €

    • de 7 a 17 anos: 2 €

    • maiores de 18 anos: 3 €

    • maiores de 65 anos: 2 €

 

Bonos de baños

  • Exclusivamente para persoas empadroadas en Vedra con antigüidade mínima de un ano

    • Bono de 12 baños menor de idade: 6 €

    • Bono de 20 baños menor de idade: 8 €

    • Bono de 12 baños maior de idade: 10 €

    • Bono de 20 baños maior de idade: 15 €

 

Na tempada 2020 non haberá abonos individuais e familiares e non haberá cursos de natación, como medidas preventivas a aplicar para a prevención do COVID-19

 

COMPRA DE BONOS E ENTRADAS

 

A compra de entradas e bonos de baños farase ÚNICA E EXCLUSIVAMENTE ON LINE E CON PAGO CON TARXETA a través da páxina www.concellodevedra.es ou directamente na páxina www.piscinavedra.com

 

Este será o método exclusivo de acceso. Queda prohibido expresamente ao persoal da instalación permitir o acceso de ningunha persoa que non adquirira a entrada. Non obstante, tanto no concello como na propia instalación facilitarase información e prestarase asistencia a toda aquela persoa que o precise para a adquisición de bonos ou entradas.

 

PROCEDEMENTO DE COMPRA DE ENTRADAS

 

  • Poderán adquirise entradas dende 7 días antes ata as 13 horas do día que se vaia acceder á piscina ou esgotarse as 50 entradas do aforo.

 

PROCEDEMENTO DE COMPRA DE BONOS

 

  • Os bonos serán de uso persoal e intransferible.

  • Poderán comprarse bonos dende o luns 22 de xuño en calquera momento.

  • O bono poderá tardar en estar activo 48 horas dende a súa compra.

  • Nas 48 horas posteriores á súa compra a persoa usuaria recibirá no mail un código "CUPÓN DESCONTO"  que terá 12 ou 20 usos en función do bono que adquirise.

  • MOI IMPORTANTE! A persoa posuidora do bono cando desexe ir á piscina deberá acceder coma o/a comprador/a dunha entrada (dende 7 días antes ata as 13:00 do día que desexe ir a piscina). Introducirá todos os datos e no último paso en "CUPÓN DESCONTO" introducirá o código que anulará o importe da entrada.

 

LIMITACIÓN DE AFORO

 

  • O aforo estará limitado a 50 persoas por día.

  • Na páxina www.piscinavedra.com poderá coñecerse a ocupación diaria de cada día en tempo real.

  • Cada persoa usuaria poderá acceder a piscina en DÍAS ALTERNOS reservando dende 7 días antes ata as 13:00 do día que se desexe ir á piscina, ou completarse as 50 prazas do aforo.

  • A partir das 13:00 ata media hora antes do peche da piscina, en caso de que non estea completo o aforo, unha persoa poderá adquirir entrada aínda que asistira á piscina na xornada anterior e desexe asistir na posterior. Non computará aos efectos de limitación de accesos en días alternos.

Exemplo:

 

REXISTRO DE PERSOAS  USUARIAS

 

  • O concello de Vedra conservará o rexistro de persoas usuarias diaria no marco das medidas preventivas COVID 19. Transcorridos 15 días eliminará ditos rexistros.

  • É obrigatorio identificarse para acceder a instalación.

 

COMPROBACIÓN DE DATOS

 

  • A persoa usuaria é responsable de introducir de xeito verídico os seus datos. A falsificación de datos (empadroamento, idade, suplantación de identidade...) será motivo de perda do importe da entrada ou bono e a prohibición de poder asistir a piscina durante 15 días.

  • A reserva en 2 días continuados dentro do prazo estándar deliberadamente dará lugar a perda do importe da entrada do segundo día e a prohibición de poder acceder á piscina durante 15 días.

  • Diariamente dende o concello farase control do cumprimento da normativa neste aspecto.

 

DÍAS DE CHOIVA QUE PECHA A INSTALACIÓN 

 

  • En caso non abrir a instalación por mala climatoloxía ou pechar antes das 19:00 polo mesmo motivo, será devolto as persoas usuarias o importe da entrada adquirida para ese día.

  • As persoas usuarias de bono (cupón desconto), enviaráselles un novo código para volver a usar.

  • Ese mesmo criterio aplicarase se a instalación ten que pechar por algún outro motivo de causa maior.

 

SOLICITUDE DE CANCELACIÓN DE COMPRA DE ENTRADA

 

  • As persoas usuarias que compraran unha entrada poderán solicitar a cancelación do importe e a devolución do mesmo ata 48 horas antes do día da reserva no mail piscinadevedra@gmail.com.

  • Transcorrido este prazo non terán dereito a ningunha devolución.

 

TELÉFONOS ENDEREZOS E LUGARES DE INFORMACIÓN

 

  • Luns a venres de 10:00 a 14:00. Servizo de deportes concello de Vedra, teléfono 981814691

  • Luns a domingo de 16:00 a 20:00. Piscina municipal de Vedra, teléfono 653131344

  • No mail piscinavedra@gmail.com e na web www.piscinavedra.com

  • De xeito presencial de 10:00 a 14:00 de luns a venres no concello de Vedra e de 16:00 a 20:00 na piscina municipal de Vedra.  

 

NORMATIVA DE USO DA PISCINA

 

  • Aforo máximo da instalación é de 50 persoas.

  • Non se permite o acceso a instalación a ningunha persoa usuaria que non adquirise a entrada polo sistema establecido.

  • É obrigatorio ducharse antes da inmersión.

  • É obrigatorio o uso de gorro de baño.

  • É obrigatorio o uso de chancletas na zona de baño, duchas e vestiarios.

  • É obrigatorio seguir as indicacións dos/as socorristas e persoal da instalación.

  • Prohibido a entrada de animais na zona da piscina (Agás cans guía).

  • Prohibido a entrada na zona reservada aos bañistas a aquelas persoas que padezan enfermidades cutáneas ou doutro tipo, que pola súa natureza poidan contaxiarse a través da auga do vaso, así como meterse no vaso con apósitos adhesivos, vendas, etc.

  • Prohibido acceder con calzado de rúa á zona de baño.

  • Prohibido tirarse a auga de cabeza.

  • Prohibido empuxar as demais persoas usuarias, correr e xogar na praia da piscina.

  • Está prohibido fumar en toda a instalación.

  • Prohibido abandonar desperdicios na instalación. Débense empregar as papeleiras.

  • Prohibido o acceso con botellas de vidro.

  • Os/as menores de 12 anos deberán estar acompañados dunha persoa adulta.

  • O tempo de utilización das duchas será o estritamente necesario.

  • A instalación non se fai responsable da perda ou roubo de obxectos persoais. Recoméndase non levar obxectos de valor.

 

NORMATIVA COMPLEMENTARIA COVID-19

 

  • Non se permite o acceso a instalación a calquera persoa que manifeste sintomatoloxía compatible co COVID-19.

  • Respectarase a sinalización e tentará respectarse a distancia de 1,5 metros.

  • Utilizarase a máscara cando non sexa posible respectar os espazo mínimo de 1,5 metros.

  • Prégase que utilicen os puntos de desinfectante hidroalcólico.

  • Non se permite usar os garda roupas dos vestiarios.

  • Na zona de esparexemento marcaranse as zonas onde colocar as toallas e os obxectos persoais. Non poderá haber nada fora dese espazo.

  • Non se prestará material de ningún tipo e non haberá cursos de natación.

  • Permítese o acceso a instalación con material para uso propio (elementos de flotación e incluso hamacas). Fóra do vaso todo o material deberá permanecer na zona delimitada.

 

  • Teléfono 981814691 luns a venres de 10:00 a 14:00.

  • Teléfono 653131344 luns a domingo de 16:00 a 20:00.

  • Mail piscinavedra@gmail.com

©Concello de Vedra